Notas de prensa

A Fundación Cidade da Cultura aclara que o custe das reparacións no Gaiás será asumido polas construtoras

Os traballos teñen por obxecto mellorar a suxeición da cuarcita das fachadas e acométense agora que os edificios aínda están en garantía e, polo tanto, as obras non teñen custo para a Xunta. A Fundación destaca que se adoptaron todas as medidas para garantir a seguridade dos traballadores e visitantes.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere destacar que a revisión que se está a levar a cabo sobre as fachadas de tres dos catro edificios da Cidade da Cultura desde finais do verán pasado non supón custo algún para as arcas públicas nin, polo tanto, para os galegos, e ten como obxectivo mellorar a suxeición da cuarcita que reviste a fachada exterior. Trátase, por tanto, dun exercicio de responsabilidade que consiste en velar polo bo estado dos edificios. Ata o punto de que se puido facer unha revisión parcial pero a Consellería preferiu ir ao máximo de control posible, aproveitando a andamiaxe xa instalada, o feito de que os edificios están en garantía e que, consecuentemente, a operación non supón desembolso algún dende a Xunta.

Cómpre salientar, así mesmo, que estes traballos non están a afectar o normal funcionamento da Cidade da Cultura, nin o desenvolvemento do seu programa cultural. Ademais, o custo destas actuacións está sendo asumido integramente polas construtoras xa que os edificios se atopan en garantía.

A Fundación Cidade da Cultura subliña ademais que estas necesidades de mellora están relacionadas co proceso construtivo e non co deseño arquitectónico e tampouco coa calidade dos materiais empregados. Os traballos emprendéronse despois de que, no curso de controis periódicos aos que se someten estes edificios, foran advertidas necesidades de mellora de estabilidade en 62 pezas (pezas que se movían, etc.). Nos últimos anos desprendéronse 8 pedras, sen que se producisen danos materiais.

Aínda que o número de 62 pezas representa menos do 0,10% das 85.000 pedras instaladas nas fachadas, a Fundación –tendo en conta que os edificios están en garantía e aproveitando a andamiaxe xa instalada- decidiu encargar unha revisión íntegra das fachadas. Os traballos nos edificios da Biblioteca e Arquivo de Galicia estarán rematados no verán e na parte visible do Museo Centro Gaiás en setembro.

A Fundación Cidade da Cultura destaca que ten tomado desde o primeiro momento todas as medidas necesarias para que non exista risco para visitantes ou traballadores, medidas que se manterán durante o curso destes traballos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES