Notas de prensa

TodoCosmos achega a astronomía a públicos de Galicia de todas as idades

Converter a astronomía nunha cuestión ao alcance de todos os públicos. Así define o seu obxectivo principal o proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos (A Astronomía ao alcance de todos: colaboración Universidade-Concello-Organismos Públicos e Empresas), co financiamento da FECYT na terceira edición.

Os principais detalles do proxecto presentáronnos o director da iniciativa e do Observatorio Astronómico da USC, José Ãngel Docobo, e o vicerreitor de Comunicación, Xosé Pereira, xunto a quen tamén estivo presente unha representación dos concellos participantes. No desenvolvemento do programa de actividades colaborará un ano máis Óptica Val.

Allariz, Ames, Boqueixón, Lalín, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Rianxo, Ribadeo, Santiago, Sanxenxo, Teo, Vedra e Vila de Cruces, son os concellos participantes este ano na proposta do Observatorio da USC, aos que sumarán actividades puntuais noutras localidades como a sesión de observación celebrada recentemente en Melide. En todas estas localizacións haberá unha programación continua, condicionada polas condicións climatolóxicas, con sesións de observacións, visitas, charlas e seminarios para todos os públicos e lugares.

A experiencia acumulada nas dúas anteriores edicións, propiciou o acceso de público de todas as idades á astronomía a través dun abano de actividades coordinada polo Observatorio de Astronomía Ramón María Aller da USC. En 2015, ademais de visitas de centros escolares ás instalacións astronómicas da USC, programáronse sesións de observación, visitas guiadas nocturnas, sesións de observación de fenómenos concretos, obradoiros de telescopios ou conferencia de iniciación á astronomía.

Converter a astronomía nunha cuestión ao alcance de todos os públicos. Así define o seu obxectivo principal o proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos (A Astronomía ao alcance de todos: colaboración Universidade-Concello-Organismos Públicos e Empresas) que por terceiro ano percorrerá Galicia co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Nesta edición, a iniciativa contará co respaldo dun total de quince concellos de toda Galicia, tres máis que en 2015.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-02-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES