Notas de prensa

A delegada da Xunta, Raquel Arias, competirá con Elena Candia pola Presidencia do PPdeG de Lugo

Raquel Arias, exalcaldesa de Sober e delegada da Xunta de Galicia en Lugo, disputará a Elena Candia o relevo ao frente do partido en Lugo. Arias lamenta non ter "más tiempo" para presentar a súa proposta, logo de que Barreiro mantivese a incógnita de si se presentaba.

Bo día:

Preséntome aquí como candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo.
Acudo a este proceso de cambio en representación dun novo equipo de traballo, conformado por militantes de base e responsables institucionais e políticos, que estamos convecidos da necesidade de facer a RENOVACIÓN que está a pedirlle a sociedad á clase política.

Entendemos renovación, non como unha cuestión de idade ou cambio de caras, senón como un proxecto de futuro, un proxecto de equipo, que esté á altura da coiuntura actual. É dicir, marcamos como prioridade a resposta ás demandas que nos formulan os afiliados e tamén as necesidade que está a expresar o conxunto da sociedade.

Entendemos a renovación como a apertura a novas ideas, aberta as distintas sensibilidades que conviven, como ocurre na sociedade, tamén no seo do noso partido pero sobre todo como unha oportunidade para concebir a nosa organización como un organismo vivo.

Un organimos atento ao que pasa ao seu redor, dinámico e flexible.
É dicir, estamos convencidos de que as cousas pódense facer doutra maneira. De que todos temos que facer unha reflexión.

Estamos convencidos de que escoitar o que di a nosa militancia, dada a enorme base social coa que conta o Partido Popular nesta provincia, é escoitar a cidadanía desta provincia.

Temos que aproveitar a solidez e garantía que supón formar parte do Partido Popular de Lugo. Un partido que tivo momentos doces e outros non tanto, pero que sempre foi, é e queremos que siga a ser o partido hexemónico en Lugo.

Os que formamos parte deste proxecto entendemos tamén a renovación como PARTICIPACIÓN. Xa dixemos que hai que escoitar pero eso non é suficiente. Temos que darlle voz e, en consecuencia, fomentar a participación dos nosos afiliados en todas as decisións importantes que se adopten no partido.

Dar voz á militancia, ás bases, que son o cimento do Partido Popular. Hai que escoitalas. Pedirlle implicación na actividade diaria do partido e non únicamente en período electoral.

É obvio pensar que nunha formación política que ten 12.000 afiliados, están representadas boa parte das sensibilidades da sociedade. Temos que aproveitar esa diversidade de sensibilidades como ponte para achegarnos a toda a sociedade e empatizar con ela.

Esa participación ineludiblemente conleva a presencia PERMANENTE do Partido na rúa. Non se poden tomar decisións se non se coñece en profundidade as peculiaridades e características de cada pobo, de cada cidade, de cada agrupación.

Por todo o que lles digo, a noso proxecto NON É CONTINUISTA. Pero sí aglutinador. No que se poidan ver representados todos os afiliados.
Sen renunciar en absoluto ao noso pasado, porque todos somos e sentimos o Partido Popular, temos claro que non fomos capaces de estar á altura do que a cidadanía demandaba. Por iso dende o principio insistimos tanto na renovación e na participación.

Creemos que o DEBATE INTERNO é fundamental para o enriquecemento do noso proxecto político. O debate interno entre compañeros, nunca entre adversarios.

Por iso, estamos convencidos de que a exitencia de varias candidaturas (oxalá que haxa máis) redundará en beneficio do noso partido, que sairá desta reflexión interna, moito máis reforzado e máis acorde cos retos ós que nos obriga á transformación que experimentou a sociedade, sobre todos nestes últimos tempos.

Unha actualización, que humildemente temos que recoñecer, non fomos capaces nin de intuir nin de neutralizar.

No noso proxecto non sobra ninguén. Optamos pola suma de ideas porque só desa maneira verase enriquecido o Partido Popular.

Queremos ensamblar todas as sensibilidades para que a aportación de cada quen, imprima enerxía, forza e ilusión a este proxecto común. Por iso tamén cremos que experiencia e xuventude teñen que ir da man.

Nós non entendemos a renovación como unha cuestión de nomes propios senón como unha labor conxunta, como a ilusión dun equipo. Porque estamos convencidos de que no noso partido precisamos un cambio de aptitudes e de actitudes.

Hoxe, dou eu o paso adiante pero só para falar en nome dese equipo. Un proxecto integrado por afiliados de base, responsables institucionais e políticos, e por representantes de todos os concellos desta provincia. Un proxecto integrador.

PRESENTAMOS HOXE A CANDIDATURA porque, como xa admitimos en días pasados en resposta a preguntas dalgúns de vostedes, o xoves, día 4, o actual presidente do noso partido, José Manuel Barreiro, comunicounos a súa decisión de non optar á reelección. Foi a partir dese momento cando para nós principou a contar o tempo.

Xa manifestamos tamén, no contexto que lles expliquei antes, que a nós gustaríamos poder contar con máis tempo para que as bases deste partido, ás que todos nos debemos, tiveran plazo suficiente para conocer as diferentes propostas e, sobre todo, para favorecer o debate e reflexión interna que agora toca facer.

Nós non queríamos presentar a candidatura sen comunicarlle ós responsables das diferentes agrupacións locais as nosas intencións e sobre todo coñecer de primera man a súa visión sobre o estado actual do partido e a súa opinión de cómo deberíamos afrontar esta nova etapa.

Os tempos son os son pero consideramos que, por respeto á militancia, eran eles os primeiros que debían coñecer a nosa proposta. Proposta que seguiremos explicando durante a curta campaña que temos por diante.
Tamén quero facer un chamamento ós compromisarios que o vindeiro día 6 de marzo decidirán o futuro deste partido para que reflexionen e escoiten ós militantes, ós que representan, e, en conciencia, decidan o que consideren mellor para o Partido Popular de Lugo e para a nosa provincia.

Raquel Arias (PPdeG), 2016-02-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES