Notas de prensa

Un cartel de Roberto Vázquez Araújo, imaxe do Entroido 2016 en Ourense

O xurado destacou a afinidade do deseño coa troula e a espontaneidade da festa, así como a expresividade dos rostros que conforman a comparsa. Ao Concurso de Carteis presentáronse un total de 84 propostas e a cidade recupera o tradicional Entroido desde o 5 de febreiro.

A cidade xa ten imaxe para o Entroido 2016. O deseño gañador do Concurso de Carteis de Entroido do Concello de Ourense, ao que se presentaron un total de 84 propostas, foi para a creación presentada baixo o seudónimo 'O mellor entroido da década', obra do ourensán Roberto Vázquez Araújo, e que foi decidida por unanimidade de todos os membros dun xurado presidido pola concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e composto pola directora de Ãreas expositivas do Concello de Ourense, técnicos da Concellería de Cultura e do Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense.

O xurado destacou o contexto artístico e a composición da obra, así coma a gama cromática, especialmente rechamante e atrevida relacionada coa festividade do entroido. Igualmente, quixo salientar a afinidade coa troula e coas actividades propias das datas nas que os ourensáns se botan á rúa. Chama poderosamente a atención, en opinión do xurado, a espontaneidade e a expresividade dos diferentes rostros que conforman a comparsa. Roberto Vázquez ten tras de si unha carreira de máis de 20 anos no mundo do deseño.

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, quixo facer constancia “da alta participación e da calidade de todas as propostas recollidas”. O cartel, que será a imaxe do Entroido 2016, está dotado cun premio económico de 1.200 euros.

Cea de Entroido

à espera de coñecer máis detalles da programación das actividades do Entroido, o Concello de Ourense recupera este ano a tradicional cea popular de comezo das festas. Será o vindeiro 5 de febreiro ás 22:00 horas, logo do pregón, nunha carpa que se instalará na Alameda.

As entradas xa están á venda no Bodegón da Avenida de Marín (988.375.234) por un prezo de 15 euros. Empanada, cocido, sobremesa, bebida, café e licores conformarán o menú da noite.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2016-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES