Agadic contribúe con 58 funcións ata xuño na Rede Galega de Salas
Sala Gurugú e Teatro del Andamio da Coruña, Sala Ingrávida do Porriño, Fundación SGAE de Santiago e Teatro Ensalle de Vigo conforman este circuÃto de distribución de espectáculos en escenarios de titularidade privada e capacidade reducida. Entre 28 compañÃas sobresae a oferta dirixida ao público infantil e familiar.
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programará durante no primeiro semestre de 2016 un total de 58 representacións escénicas como parte da oferta cultural que achega a través da Rede Galega de Salas. Sala Gurugú e Teatro del Andamio da Coruña, Sala Ingrávida do Porriño, Fundación SGAE de Santiago de Compostela e Teatro Ensalle de Vigo conforman este circuÃto de exhibición de espectáculos, financiado integramente pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Contribúese deste xeito ao mantemento da actividade das salas escénicas de titularidade privada e capacidade reducida que, porén, reúnan os requirimentos para o desenvolvemento das actuacións de xeito profesional. Neste primeiro perÃodo de programación anual son 28 as compañÃas que dan forma á carteleira da Rede Galega de Salas, para a que se conta cun orzamento próximo aos 28.500 euros.
Propostas para público familiar
Este circuÃto iniciou a súa actividade en 2007, ofrecendo dende entón un catálogo de propostas caracterizado pola multidisciplinariedade e no que foron cobrando maior peso as novas tendencias escénicas e os espectáculos especialmente dirixidos ao público infantil e familiar. De feito, este último tipo de propostas supón máis dun 65 por cento das actuacións contratadas no circuÃto de xaneiro a xuño.
A meirande parte destes espectáculos preséntanse na Rede Galega de Salas da man de compañÃas galegas: A Illa dos Nenos, A Cova das Letras, A Xanela do MaxÃn, APP Creacións, Artello Teatro, Caramuxo Teatro, Danthea Teatro, Elefante Elegante, FloristerÃa, Galitoon, Katarsis Educación e Teatro, Ningures Produción, Os Contos de PablÃsimo, Teatro da Semente, TÃteres Alakrán, TÃteres Cachirulo, Trinketrinke Teatro e Xarope Tulú. En canto ás propostas teatrais para público adulto, a oferta galega está conformada por Aflera Producciones, Anómico Teatro, Ibuprofeno Teatro, Matrioshka Teatro, Teatro Ensalle e Xerpo Cultural.
A Rede Galega de Salas dá forma xunto á Rede Galega de Teatros e Auditorios e á Rede Galega de Música ao Vivo á carteleira de exhibición escénica e musical máis ampla de Galicia, que durante este semestre ofrecerá un total de 500 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo en 79 espazos de toda Galicia.
A programación das tres redes pode consultarse nos webs www.cultura.gal/gl/axenda e www.agadic.gal/Axenda.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-01-22
Actualidad
A SecretarÃa de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese TurÃstico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase asà ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a RomarÃa de Nosa Señora da Barca (MuxÃa), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de VerÃn. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (VilagarcÃa de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
Baixo o tÃtulo 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na LusofonÃa', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vÃnculo entre Galicia e os paÃses lusófonos para promover o debate, a crÃtica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüÃstico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artÃstico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.
Notas
Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na VÃa Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de paÃses como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac DÃaz Pardo e Luis Seoane que marcarÃa unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegarÃa a recuperación de Sargadelos, asà como unha serie de iniciativas para desposuÃr do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.