Notas de prensa

O BNG apoia aos mariñeiros do cerco nun reparto xusto da cota de pesca

Responsables políticos do Bloque no Parlamento, en Bruxelas, e nos concellos afectados manteñen un encontro coa frota afectada e amosan o seu apoio ás demandas dos mariñeiros da frota do cerco que manteñen un encerro reivindicativo nas dependencias do Concello de Bueu para reclamar un reparto xusto das cotas de pesca.

O BNG, a través dunha ampla delegación, traslada o seu total apoio ás demandas dos mariñeiros da frota do cerco que manteñen un encerro reivindicativo nas dependencias do Concello de Bueu para reclamar un reparto xusto das cotas de pesca que lles permita vivir do seu traballo, e coa vista posta nas negociacións que terán lugar en Madrid este xoves.

A delegación nacionalista estará integrada por responsables políticos do Bloque en todas as institucións, tanto en Bruxelas, como no Parlamento galego e nos concellos afectados. Ana Miranda, portavoz do BNG na Eurocámara; Félix Juncal, alcalde de Bueu; Leticia Santos, alcaldesa de Moaña; Pilar Branco, portavoz municipal de Marín; Ornela Fernández, tenente alcalde Vilaboa; Mercedes Giráldez, concelleira en Cangas; Xosé Leal, deputado provincial en Pontevedra, e Daniel Rodas, portavoz parlamentario de Pesca.

Rodas critica “o cambio de modelo que se levou a cabo hai dous anos, que supuxo pasar dun reparto lineal igual para todos a outro onde os supostos dereitos históricos concentran o 70% da cota de pesca nun número reducido de embarcacións, o que supón a ruína do resto da frota flota”.

Este modelo, explica o deputado nacionalista, está a ser cuestionado polo sector “dende o primeiro”, tras comprobar que significa “a ruína” para a maioría das embarcacións. “Agora finalizou o período de proba e queda demostrado que este novo modelo penaliza precisamente a quen respectou as normas e fixo unha xestión máis sostible e responsable dos recursos pesqueiros”, argumentou.

O BNG considera inviable un sistema que supón “privatizar o dereito de pesca” , pola vía de concentrar o reparto da cota nunhas poucas embarcacións. “O que debería ser de todos pasa a unhas poucas mans, sen garantir nin a viabilidade económica, nin o mantemento do emprego”, polo que chegou o momento, reclama Rodas, de recuperar “os criterios de igualdade, sustentabilidade e xestión moderna e respectuosa dos recursos pesqueiros”.

Neste sentido, Rodas indicou que “non fai mellor xestión quen máis pesca, senón quen con menos capturas é capaz de xerar maior riqueza e benestar nas comunidades costeiras. A frota do cerco galega, é un bo exemplo”, concluíu.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2016-01-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (campa_2018.jpg) Case 1500 rapaces e rapazas, de entre 9 e 17 anos, de estadía nos campamentos de verán da Xunta de Galicia, participaron ao longo dos meses de xullo e agosto na edición 2018 do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’. Trátase dunha iniciativa que comparte un dos obxectivos prioritarios establecidos no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade: a dinamización lingüística do galego no tempo de lecer da xente nova. As actividades chegaron, do 26 de xullo ao 13 de agosto, a un total de 15 campamentos incluídos na campaña.
Foto de la tercera plana (tremenda_jauria.jpg) O reguetón feminista e combativo das madrileñas Tremenda Jauría suporán este sábado, día 18, un divertido e comprometido alfinete festeiro para pechar o Atardecer no Gaiás de 2018. Precisamente, este ciclo de concertos do verán, ao aire libre e de balde caracterizouse nesta edición por contar cun especial peso das voces femininas —maioría entre as súas 21 actuacións— e concedeulle máis espazo as cada vez máis emerxentes músicas urbanas. Para este gran fin de festa, a banda despregará tamén o seu repertorio de merengue-punk ‒contan cunha atrevida versión neste rexistro de La línea del frente de Kortatu‒e electro-cumbia con ritmos tropicais e letras sociais.

Notas

A Consellería de Sanidade informa que elévase a oito, tras un novo ingreso rexistrado no Chuvi durante a pasada madrugada, as persoas ingresadas nos centros hospitalarios, logo do accidente ocurrido nun dos concertos do festival do Marisquiño. Catro dos feridos están no Hospital Álvaro Cunqueiro (un deles na UCI), tres no Hospital Povisa, e un no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, anunciou esta mañá que a entidade vai participar de novo en La Vuelta a España, co posto de …E para comer, Lugo, da man de Turismo de Galicia. Na mesa da presentación oficial sentaron a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director de La Vuelta, Javier Guillén.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania