O proxecto europeo Parentnets alerta dos riscos de internet entre o alumnado
Santiago de Compostela acolle a reunión do proxecto europeo Parentnets sobre os riscos de internet entre o alumnado. Trátase dun programa educativo pioneiro no que participan socios de Irlanda, Bélxica, Portugal, Romanía e España a través de Galicia e Cataluña. Expertos debaten sobre o uso das redes sociais e os riscos nos xoves.
Un grupo de expertos internacionais afondan en Santiago sobre o proxecto europeo Parentnets, unha iniciativa financiada polo programa Erasmus + que ten como principal obxectivo formar a pais, nais e profesores no eido das redes sociais e o seu uso por parte dos xoves. Galicia a través do departamento de Educación é a encargada de coordinar este proxecto europeo no que participan Irlanda, Bélxica, Portugal, Romanía e España a través da nosa comunidade e de Cataluña. De feito, hai un ano xa se celebrara tamén na cidade compostelá a primeira das reunións preparatorias deste proxecto.
Precisamente o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, achegouse esta mañá ao Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), onde se celebra o encontro, para saudar aos participantes e coñecer de primeira man os avances dunha iniciativa que ten como obxectivo afondar sobre os riscos da Internet para os menores.
Parentnets é un proxecto integrado por institucións de sete países e que en España se encarga de coordinar a Consellería de Cultura e Educación a través da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación. Trátase dunha iniciativa innovadora que vén a cubrir un eido neste ámbito a nivel comunitario, xa que ata o de agora non existían accións concretas enfocadas á educación dos adultos a este respecto.
Deste xeito, Parentnets céntrase no uso das novas tecnoloxías por parte dos menores e trata de facer especial fincapé na detección e prevención dos riscos que poden representar para os mais novos. Está dirixido, sobre todo, a pais e nais de calquera país europeo con pouco o nulo manexo das novas tecnoloxías, e a profesores de primaria ou secundaria interesados en utilizar a seguridade na Internet como materia transversal na educación dos seus alumnos.
Manual e xogo multimedia dispoñibles en cinco idiomas
Os principais resultados deste proxecto plasmaranse nun manual e nun xogo multimedia que contribúan á prevención e solución dos posibles riscos que poidan derivarse do mal uso da Internet por parte de nenos e adolescentes. Estes materiais estarán dispoñibles en cinco idiomas: español, inglés, romanés, portugués e galego.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-12-01
Actualidad
A primavera comeza este mércores 20 de marzo, ás 4 horas e 6 minutos e prolongarase durante case 93 dias ata as 22 horas e 51 minutos do 20 de xuño. Durante a primavera haberá ao amencer unha curiosa aliñación planetaria de Venus, Marte e Saturno; na segunda quincena de abril agregarase Mercurio e xa a finais de maio, Xúpiter substituirá a Venus, mentres a Lúa vai ir pasando por esa aliñación a comezos de cada mes, segundo explica o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo. O inicio da primavera prodúcese cando o Sol pasa polo punto Aries, ou equinoccio de marzo, un dos dous puntos de corte da eclíptica co ecuador celeste; nestes dias, na contorna do equinoccio, a duración do día e da noite son teoricamente iguais.
Presentouse o programa da décima edición de Escenas do cambio na Cidade da Cultura, unha cita que consolida a aposta por xerar espazos para o desenvolvemento da vangarda nas artes escénicas. Dirixido pola bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez, este aniversario, que decorrerá entre os días 3 e 5 de maio, concíbese como unha celebración da traxectoria do festival e da súa capacidade transformadora. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou na presentación o carácter rompedor e diverso do festival, no que o público poderá gozar de 13 propostas que desafían, nos seus procesos e resultados, os límites da creación artística.
Notas
Aínda que a pandemia orixinada polo SARS-CoV-2 ficou atrás, o seu eco persiste e aínda son moitas as incógnitas que a ciencia tenta despexar. Hoxe en día sábese que para moitos pacientes de COVID-19, o final da etapa aguda da infección é só o comezo doutra experiencia difícil: a post-COVID. Durante a denominada COVID persistente ou long COVID, estas persoas desenvolven unha amálgama de síntomas prolongados que poden incluír dificultade respiratoria, fatiga, tose ou perda de olfacto, entre outros.
A mostra está composta por nove paneis que recollen as obras de mulleres clave dos últimos dous séculos: Mary Shelley -con Frankestein ou o moderno Prometeo-, Harriet Beechet Stowe -con A cabana do Tío Tom-, Bertha Von Suttner -con Abaixo as armas-, Betty Friedan -con A mística da feminidade-, Clara Campoamor con O voto feminino e eu-, Harper Lee -con Matar a un reiseñor-, Rachel Carson -con Primavera silenciosa- e Hanna Arendt -con Eichmann en Xerusalén-.