Notas de prensa

Clausúrase o programa Venres nas Librarías 2015 con encontros literarios e musicais

Logo de percorrer as catro provincias galegas desde o 2 de outubro con propostas de dinamización do libro e da lectura en librarías, a iniciativa pecha o sábado, 28 de novembro, a programación deste ano 2015 con encontros literarios e musicais en Vigo e en Ourense. Esta iniciativa continuará entre febreiro e marzo de 2016 con novas actividades para o público adulto e infantil.

O programa Venres nas librarías clausura a actividade de dinamización do libro e da lectura de 2015 con dous encontros literarios e musicais para o público infantil nos concellos de Vigo e Ourense, que terán lugar o sábado, 28 de novembro.

Ãs 12:00 horas, na libraría Andel da cidade viguesa, As Maimiñas, o grupo de autoras formado por Lucía Lago Fernández e Irene Ãlvarez Lago, propoñeranlles aos máis novos unha viaxe musical e literaria arredor do mundo, na que presentarán o seu libro-disco ‘Unha viaxe polo mundoÂ’, da Editorial Galaxia.

Promovido polas consellerías de Cultura e Educación –a través da Secretaría Xeral de Cultura–, e de Economía e Industria –a través da Dirección Xeral de Comercio–, pola Federación de Librarías e pola Asociación Galega de Editores (AGE), Venres nas librarías tamén despedirá a programación de 2015 en Ourense, na libraría Káthedra. Alí, ás 12:30 horas, o músico e compositor coruñés Fran Amil fará gozar os máis novos cos poemas ilustrados e musicados do seu traballo ‘Un conto ao revés’, da Editorial Galaxia.

Promoción do libro e da lectura

Desde a súa posta en marcha o pasado 2 de outubro e ata o 28 de novembro, Venres nas librarías ofreceu semanalmente, os venres e os sábados, actividades para público adulto e infantil dirixidas a promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos.

Co obxectivo principal de promover o libro e a lectura, Venres nas librarías iniciou o pasado 2 de outubro a súa segunda edición, que terá continuidade en 2016 con novas actividades durante os meses de febreiro e de marzo. Neste tempo, o programa ofreceu semanalmente, os venres e os sábados, actividades para público adulto e infantil dirixidas a promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos.

Coa participación de 8 editoriais e 17 librarías

Un total de 8 editoriais –Nova Galicia Edicións, Edicións do Cumio, Edicións Embora, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Hércules de Ediciones, Editorial Toxosoutos e Urco Editora– e de 17 librarías das catro provincias –Cartabón, Andel, Librouro e Casa del Libro, en Vigo; O Pontillón, en Moaña; Pedreira e Aenea en Santiago de Compostela; Trama, en Lugo; Káthedra, en Ourense; Suévia, Couceiro e FNAC, na Coruña; Nós, en Sanxenxo; Ler, en Cee; Day, en Narón; Bahía, en Foz; e Vagalume, en Lalín– participan neste espazo de encontro entre público lector, libreiros e libreiras, e escritores e escritoras para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de diferentes propostas.

Concursos nas redes sociais

Nestes dous meses, o programa tamén desenvolveu nas redes sociais, a través das contas de Twitter @conscultura e de Facebook www.facebook.com/CulturaGalegaXunta o concurso Andel do agasallo, con libros de regalo para as persoas que acertaron, a través de pistas, as publicacións das que se falou cada semana.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-11-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES