Paradela
Ven a Paradela
Cultura
Turismo
Galería de imaxes
Navegación

ALUGASE CASA NO LUGAR DE BACORELLE, PARROQUIA DE CASTRO DE REI.
CARACTERÍSTICAS: PERSOA DE CONTACTO: EMILIO
Convocatoria da sesión extraordinaria do Pleno do 17 de xullo de 2007
SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE PARADELA
CONVOCATORIA
Pola presente se convoca sesión extraordinaria do Pleno do concello de Paradela para o vindeiro DAZASETE DE XULLO DE DOUS MIL SETE as DOCE HORAS no salón de sesións da Casa Consistorial co galo de dar cumprimento ó establecido no artigo 38 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro.
Están abertas ó público as piscinas en horario de 12:00 horas a 20:00 horas.
En Paradela sendo as doce horas do dazaseis de xuño de 2007, reúnense no Salón de Sesións deste Concello, de conformidad eco artigo 195 da lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, en concordancia co artigo 37.1 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

Benvidos a esta páxina do Concello de Paradela, que agardo sexa antesala dunha visita física á nosa terra.
Paradela é un concello situado no sureste de Galicia, polo que discorre o Camiño Francés a Compostela, o que supón paso de peregrinos –terra aberta- desde hai 1.200 anos.
Pertencemos á Ribeira Sacra, terra de mosteiros milenarios, soutos de árbores autóctonas e fermosísimas ribeiras de ríos que invitan ó descanso, á contemplación e á vida.
Invítoos a informarse, a través desta páxina, do traballo colectivo dos paradelenses e das fermosas riquezas monumentais e pasaxísticas do noso Concello.
E cando xa nos coñezan a través da Rede, veñan á Paradela física, na que estamos agardándoos porque nesta vella terra –sempre Camiño- cabemos todos.

José Manuel Mato
Alcalde de Paradela

