Van vintecatro. Unha semana de cine que ostente este número puidera parecer só un trámite agardando preludiando- a rotundidade da Semana número vintecinco.
Pero tódalas Semanas teñen para nós o mesmo valor. Aínda que a próxima sexa un logro, e a primeira fose un miragre. Aínda que a décima fose unha confirmación e a número dezaoito unha reválida comparable á mayoría de idade.
E van vintecatro. Gracias, Lugo, por permitirnos chegar ata aquí. Gracias ás Institucións que figuran neste Programa porque, un ano máis, respaldan esta invasión cinematográfica, inmersión máxica en máxicos mundos. Gracias, espectdores/as lucenses, un a un, unha a unha, porque un/unha a un/unha, fóstedes erguendo este inmenso edificio cinematográfico que hogano nos alberga a todos.
|
|
|
XULIO XIZ
Presidente do Grupo Fotocinematográfico FONMIÑÁ
|
|
Ó longo da SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR, celebraranse diversas táboas redondas e debates.
A mellor película da Sección Oficial será elexida polo público asistente, a través das papeletas de votación que se entregarán na entrada da sala.
Durante a SEMANA DE CINE permanecerán abertas diversas exposicións, con temas relacionados co cine.
A XXIV SEMANA DE CINE quere render unha homenaxe especial ós recentemente falecidos Billy Wilder e Jack Lemmon; por iso, e antes de cada sesión, na música de sala poderanse oír as bandas sonoras das súas películas.
FONMIÑÁ e a SEMANA DE CINE queren agradecer de forma especial a desinteresada axuda de todas aquelas persoas que colaboraron na súa organización e en particular a: BAÑOS FILMS, S.L.; MARÍA MURADO, CARMEN GRANXEIRO, MATILDE LOSADA, JUAN GUERRA, DARÍO XOAN CABANA, RAMÓN SOILÁN, MARCOS GONZÁLEZ, MARTÍN SÁNCHEZ e ALBERTO CURIEL.
A orde da programación da XXIV SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR pode ser cambiado en calquera momento. O Comité Organizador declina toda responsabilidade no caso de que as razóns do cambio sexan alleas ó memo.
Calquera outro acto a se celebrar anunciarase oportunamente a través dos medios de comunicación.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|