|
|
||||||||||||
|
O longo da SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR, celebraranse diversas taboas redondas e debates.
A MELLOR PELICULA da Sección Oficial será elexida polo público asistente, a través das papeletas de votación que se entregarán na entrada da sala. Durante a SEMANA DE CINE permanecerán abertas diversas exposicións, relacionadas co cine e co XXV ANIVERSARIO DA SEMANA. A XXV SEMANA DE CINE rinde unha homenaxe especial ó actor lucense LUIS TOSAR, por iso, e antes de cada sesión, na música de sala poderanse oír as bandas sonoras das súas películas. FONMIÑA e a SEMANA DE CINE queren agradecer de forma especial a desinteresada axuda de todas aquelas persoas que colaboraron dalgún xeito na súa organización. A orde da programación da XXV SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR pode ser cam-biado en calquera momento. O Comité Organizador declina toda responsabilidade no caso de que as razóns do cambio sean alleas ó mesmo. |
||||||||||||
|
FONMIÑA
|
||||||||||||
|
SAÚDA |
||||||||||||
|
Con esta, van 25 Semanas de Cine de Autor en Lugo. É este bo momento de recapitulación; momento de que Lugo decida se quere seguir tendo unha Semana de Cine.
Está claro que o Lugo, cinéfilo, o Lugo asistente ás proxeccións, o Lugo popular, xa se pronuncio hai moito tempo. Agora ten que pronunciarse o Lugo oficial, o Lugo institucional, o Lugo da empresa, para saber se ese Lugo que decide, o Lugo que pode, quere seguir tendo unha Semana de Cine. Fonmiñá está disposta a seguir. Pero non pode facelo nas condicións actuais, arris-cando traballo, organización e investimentos para non saber cal é o presente xa non o futuroda Semana. Esta pode ser a última das Semanas de Cine de Lugo. Con 25, cumprimos unha idea, a ilusión e a esperanza coas que iniciamos esta tarefaen 1979. Lugo o Lugo mencionado ten agora a palabra. |
||||||||||||
|
Xulio Giz Ramil
Presidente do Grupo Fotocinematográfico FONMIÑA |
||||||||||||
![]() |
||||||||||||
|
||||||||||||