|
Visitación
|
|||||||||
|
|
|||||||||
|
(Vólvense a abrir as cortinas ou a acender a luz. María camiña de cara a Sabela, que a agarda diante da súa casa ou simplemente a un lado do escenario, se non hai cambio de decorados)
|
|||||||||
|
CRONISTA.-María era moi dada a axudar a calquera que o necesitase e, botando de conta que a súa curmán Sabela podía precisar dela, aló se foi ás Montañas de Xudá onde vivía ela e mailo seu home, Zacarías. Cando Sabela viu chegar a María aledouse tanto que ata o neno que levaba no ventre reloucou de ledicia.
(Ó xuntárense María e Sabela danse unha gran aperta). SABELA.-¡Bendita ti, María!... Pero, ¿quen son eu para que me visite a nai do meu Señor?. Bendita porque criches; xa que todo canto che foi anunciado hase cumprir. (María pode responder cantando ou recitando). MARÍA.-(Se canta): O Señor fixo en min marabillas, ¡Gloria ó Señor!. Engrandece a miña alma ó Señor. Alédase o meu espírito en Deus, meu Salvador. (Se recita): A miña alma proclama a grandeza do Señor. Alédase o meu espírito en Deus, meu Salvador, porque reparou na súa humilde escraviña. Desde agora hanme felicitar tódalas xeracións; pois fixo en min marabillas o Poderoso. O seu nome é Santo e a súa misericordia chega, xeración tras xeración, a tódolos que o respectan por amor. (Saen do escenario camiñando collidas do brazo en son de moito gozo por atopárense xuntas. Péchanse as cortinas ou apágase a luz). |
|||||||||