Adoración dos Magos
CRONISTA.-Os Magos atoparon ó neno Xesús, gracias ás pistas que lles deran e tamén á estreliña que volveu a guialos; pero non retornaron por xunto de Herodes; porque tiveron noticia das malas intencións daquel desalmado, que deu orde de matar a algúns nenos de Belén e os seus arredores, na súa obsesión enfermiza de que ninguén o despoxase do pouco poder que lle quedaba. Xesús salvouse gracias a que Xosé e María fuxiron con el a Exipto, onde tamén foron emigrantes. Pero volvamos atrás para non perder de vista ós Magos.

(Volven a estar no escenario, -portal-, Xosé, María, e o Neno. Entran os Magos con cofres nas mans e van axeonllándose conforme vai falando cada un).

MELCHOR.-Meu Señor, os que andabamos nas tebras vimos a túa luz que nos guiou no noso camiñar. Alumeou as nosas vidas e así, desde agora e para sempre camiñaremos con nova luz.

GASPAR.-Guiados pola túa estreliña vimos prostrarnos diante de ti que es o Señor das estrelas do ceo e das estrelas da terra.

BALTASAR.-Ofrecémosche os nosos agasallos: ouro como Rei que es; incenso como Deus; e mirra como home que terá moito que sufrir.

(Pousan os cofres ós pés do Neno e póñense de pé).

Seguinte >>