|
 |
|
|
|
| 7.- AGUINALDOS TÍPICOS PARA OS CANTOS DE REIS EN GALICIA |
|
(Nota para non iniciados: Aguinaldos -anigaldos- fumeiros, reis,a recadadiva, despedidas, peticións, etc. son a maneira (recitada ou cantada) de pedi-la esmola ós amos e ás amas da casa despois de canta-los reis os reiseiros. Son unha especie de cortesía (consensuada) que consistía nun agasallo ou complemento polo esforzo de cantalos en agradecemento de iren visita-las súas casas. O máis común (¡tempos de pobreza!) era algunha das partes do rei do alimento máis apreciado e querido (e tamén máis abondoso) no rural galego: o porco (¡o marisco do cortello!). Hainos de gabanza (a maioría) e de bulra ( os menos) adicado ós coreños (que tamén abondan nalgunhas aldeas-comarcas). Con este grupo, non hai compaixón...¡nin caridade!.)
|
- 1ª Parte: Presentados en "Galicia canta ó neno"(1970-l978)
|
a/- De gabanza e agradecemento:
A señora ama da casa - ten a color da cereixa
i ela como é boa moza - sen esmola non nos deixa.
A señora ama da casa- ten o ramo de pracer
co viño na bodega - pra nos dare de beber.
A señora ama da casa - ten cara de serafin
cando entra pola igrexa - todos os anxos lle rin.
Esta casa sí que é casa - estas sí que son paredes
a muller que nela está - é muller entre as mulleres.
Si esta casa fora miña - como é destes señores
xunto ó portal do curral - prantaría un xardin de frores.
Á súa porta nos tén - coma un feixe de moita leña
a esperar pola resposta - que da súa mau nos veña.
A casa ten bon cortizo - e tamén há ter bon mel
nós vimos buscar un peso - que nos mandou o Sr. Manuel.
Señora ama da casa - cachee ben os bolsillos
se non nos há de dar cartos - déanos ovos e chourizos.
E, á señora ama da casa - nunca a cabeza lle doia
se nos dera un torresmiño - pra lle untare a zanfoña.
E, a señora ama da casa - como é tan honrada
subirá ó caínzo - e cortará sen tasa.
E, o señor amo da casa - como é tan honrado
baixará ata á bodega - e traerá un gran xarrado.
Esta vai por despedida - hoxe aquí non canto (amos) outra
os señores desta casa - doxe un ano me (nos) oian outra.
Angelitos somos - del cielo venimos
bolsillos traemos - dinero pedimos.
Déanolo o aguinaldo - se no lo han de dare
que vimos de lonxe (lexos) - e temos que andare (marchare).
Manden aguinaldos - señores, a nós
polo Nacemento - do Fillo de Dios.
Manden aguinaldos - se nolos han dare
que somos de lonxe - queremos marchare.
Moitos anos viva - a dona da casa
pra dar o aguinaldo - nunca foi escasa.
Moitos anos viva - o dono tamén
temos por noticia - que é home de ben.
Aquí hai mociñas - que gastan salero
que nos han de dare - o viño do xerro.
Aquí hai mociños -que gastan sombreiro
que nos han de dare -a real enteiro.
Os señores desta casa - saberannos perdonare
que somos rapazas novas - e non sabemos cantare.
Dios llo pague, señora - Dios queira que dun ano
me dea vosté o aguinaldo - coas súas benditas manos.
Quédense con Dios, señores, - astra ó ano que volvamos
se non nos vemos eiquí - ¡que no Ceo nos vexamos!.
Aquí nos deron - a recadadiva ;
quén nola dou - moitos anos viva.
Eles que vivan - e nós que vivamos
e roguen a Dios - que no Ceo nos vexamos.
Déanos o aguinaldo - anque sexa pouco
un touciño enteiro - e a mitade doutro..
Déanos, señora - déanos o oviño da pola
¡san Antonio lla defenda -que o raposo non lla coma!.
Se dan o fumeiro - vamos contentiños
vámonos correndo - co noso meniño;
a Virxe contenta - tamén os pastores
por ver aquel Neno - nacido entre frores.
Catro macebos xuntiños - aquí xuntiños estamos;
e tan cansados os catro - que é preciso alimentarnos.
De moi lonxe xa viñemos - noite que andar aínda falta;
as forzas piden reparo - mollo as gorxas e non de auga.
Chourizo, pois, longaniza - uña de porco, fuciño;
ou de xamón dúas tortillas - con dous xarriños de viño
De cantar xa nos cansamos - por probes non nos desprecien
que se algo os ricos non dan - os probes mal se remexen.
Vivan e vivamos todos - que para todos Dios nos dou
saúdiña, ¡cante o merlo! - ¡adiós ano que acabou!
Esta vai por despedida - oxe aquí non canto outra
os señores desta casa - de hoxe un ano me oian outra.
b/-De bulra-castigo (da cabra fanada)
Cantámosche os reises, guedellos de cabra
cantámosche os reises, non nos deches nada (bis)
Somos os reises do "quiquiriquí",
vimos a ver que nos botan eiquí;
somos os reises do "cacaracá",
vamos a ver que nos botan alá.
Sómos os reises da "cabra fanada"
viñemos aquí...¡ non nos deron nada!!.
Aquí vimos catro, cantaremos oito
déano o aguinaldo, "fociño de cocho";
ó aguinaldo vimos, ó aguinaldo andamos
se nos dan touciño...¡tamén o levamos!;
Somos os reises do "quiquiriquí"
se non nos dan nada...¡cagámoslle eiquí!.
|
|
|
|
- 2ª Parte: Exemplos de outros (os máis correntes) de Galicia
|
a/- De gabanza e agradecemento
Eiquí lle estamos á porta - a cuadrilla que os espera
vaian baixando os chourizos - e descorchando as botellas.
Vímoslle pedir pra o Neno - o leitiño pra unhas papas;
¡pra os que cantamos os reises - os chourizos e as patacas!.
Ai, qué cociña tan alta - na cima ten unha piña;
que por moitos anos vivan -os señores e a familia.
¡Viva o Neno, viva o neno - viva o cinco de xaneiro
vivan os amos da casa, - viva tamén o "fumeiro"!.
E dennos o aguinaldo - se é que o queren dar;
sómoslle de largas terras, -traemos moito que andar.
San Joaquín echó la red - por riba de San Fernando;
toma este pañuelo, nena - e trainos o aguinaldo.
E máis a señora Camila - moi ben lle están as colores;
posta na súa ventana -parece un vaso de frores.
E máis o señor Bernardo -moi ben lle está o sombreiro;
corren as mozas pra onda el - que parece un formigueiro.
E máis o señor Facundo - moi ben lle cae a chaqueta
meteu a man no bolsillo - e tira unha peseta.
Déanolos reises - se nolos han de dar;
que somos de lexos - e temos que andar.
Déanolos reises - señora,por Dios;
polo nacemento - do fillo de Dios.
En estas puertas de hierro - aquí vive un caballero;
tiene la mujer muy moza - bonita como una rosa.
Quiera Dios que tenga un hijo - y que le sea varón
y que vaya al estudio - a las tierras de Aragón.
Esta casa faiadiña - faiadiña de papel
que por moitos anos vivan - o marido e a muller.
Esta casa faiadiña - faiadiña de pemento
que por moitos anos vivan - os señores que están dentro.
Díano-lo reis - anque sexa pouso;
touciño e medio - i a mitá doutro.
Déanno-lo reis, - señores, a andar;
que somos de lonxe - temos que marchar.
Arranqueille un toxo verde - funo prantar a Madrí;
queira Dios que d´hoxe un ano - volvamos cantar aquí.
Tengan felices noches, - vivan mil años,
a sus plantas rendidas,
les suplicamos gozosos
como padres piadosos,
nos dían plata y no calderilla.
Entre damas y doncellas- el rey pide el aguinaldo;
también nosotros pedimos -de aquello que Dios le ha dado.
¡Viva o patrón desta casa -e toda a súa familia!
¡Érgase, señora - e vaia ó touciño
corte polo gordo - e deixe o delgadiño!.
Há de da-lo aguinaldo - mociña solteira,
pesos e pesetas - desa faldriqueira.
¿De quien es aquella casa,- puertas, ventanas de oliva?
Son del dueño de esta casa - que por muchos años viva.
¡Que viva, que viva - que reine, que reine;
el patrón de casa - el Rey de los reyes!.
Ellos que vivan, que vivan - y nosotros que vivamos,
quédense con Dios, señoes - hasta el año que volvamos.
se por aquí non volvemos - que en Cielo nos veamos!
(¡Que Dios nos deia la Gloria - que todos deseamos!)
¡Que viva esta señorita - e a súa familia tamén!
e por riba desto todo - boten hoy un parabén
Que vivan estas veciñas -e as súas familias tamén!.
Terminamos de cantar - esta historia divina
y de aguinaldo pedimos - longanizas para un día.
¡Hoy, día de Reyes, - principio del año,
damas y doncellas - dainos o aguinaldo!.
Dánolo, señora - se nolo ha de dar
somos camiñantes - e temos que andar.
Por aquella escada - viene relumbrando
la señora Rosa- con el aguinaldo.
Se nos queren dar - dénno-lo botelo
se non podemos con el - poñémolo ó carrelo.
Déano-lo aguinaldo - señora por Dios
que Dios se lo dió - para nos lo dar.
Un par de touciños - e un par de lacós
é a mellor cosa - pra ter homes bos.
Se nos dás castañas - hámolas levar
escoiten, sñores,- a este cantar.
Sube vella, sube vella - sube vella ata ó fumeiro
sube vella, sube vella - co teu coitelín de aceiro -
nin talles moito nin pouco- ¡un toucín e a metá d´outro!
Non che pido polo pouco - nin tampouco polo moito
pídoche por un touciño - e pola metade do outro.
¡Aí ven a muller do home honrado - co cuchilín na man,
para dárno-lo aguinaldo - noces, castañas e pan!.
Os señores desta casa - tén a porta pró canizo
o señor que vive nela - hanos de dar un chourizo.
Os señores desta casa - ten a porta pró curral
o señor que vive nela - hanos de dar un real.
Se me dais ou non me dais - eiquí non me deteñais
que temos moito que andar -a Aragón e a Portugal.
Y Aragón lo andaremos - y a Portugal deixaremos.
Daime, daime un lacón - e que os traigo o ano bo
daime, daime unha cabeza - e eiquí Dios volo agradeza.
Déano lo aguinaldo - señora casada
pesos e pesetas, - longaniza asada.
Déano lo aguinaldo - señora viúda
pesos e pesetas - longaniza crúda.
Déano lo aguinaldo - señora solteira
pesos e pesetas - da súa faltriqueira
Déano-lo aguinaldo - se no lo ha der dar
que somos de lexos - queremos marchar.
Traémo-la bota - para leva-lo viño
ovos e torresmos - nun caraveliño.
Quédense con Deus, señores - hasta reices que volvamos
se pa reices non volvemos - en cielo nos veamos.
También nosotros pedimos - a ese noble fidalgho
que nos dea lo que es suio - daquel que Dios le ha dado.
Sea un rico nos atienda - sean pobres, los pecados
quédense con Dios, señores - hasta el año que volvamos.
Si pal año no volvemos - que en el cielo nos veamos
y a stedes les dé la gloria - como nós las desaemos.
Velaí ven a dona - con el aguinaldo
le parece poco - le viene aumentando
le parece mucho - le viene quitando.
Acabamos de cantare - con fervor e alegría,
y acabamos de cantare - ¡viva la Virgen María!.
San José bota las redes - por riba de San Bernardo,
toma nena este pañuelo, - mándano-lo aguinaldo.
b/- De bulra-castigo
Eu non sei que hai nesta casa - que non nos mandan entrar
ou eles están reñidos - ou non nos teñen que dar.
Esta casa é de palla- aquí viven os da raña.
Esta casa é de pino - aquí vive un mendigo (un home rico).
Eses reis que quí cantamos -volvémolos descantar
estes guedellos de cabra - non nos quixeron pagar.
|
(Nota: No canto de guedellos, aparecen palabras-vocablos semellantes, coma: guedellas, orellas, pernas, patas, cornos/as, ósos, canela, orella queimada, fociño de cocho, cascas de farelo, etc. No fondo, non eran máis ca uns sinxelos avisos, moi finos e "educados" para que os coreños mudasen de conducta o ano seguinte).
|
|
|
|
|
|
 |
Se queres enviarnos un conto ou canto de Nadal e Reis, podes facelo a través de:
|
|
|
|
|
|