Domingo, 10 DE OUTUBRO DE 2004





250 Aniversario




· Programa de festas ·
BEBE
Cantante

10:00 h. Finais do III Open San Froilán de Tenis no Club Fluvial

10:30-20:00 h. III Edición do Gran Premio Hípico Duques de Lugo-Xacobeo 2004 no Club de Campo Las Bridas

11:00 h. Apertura da porta Nova a cargo de Dna. Amparo Roca Pena, directora de RNE en Lugo

12:00 h. Pasarrúas de grupos de música tradicional galega

12:00 h. Recepción no Concello ós participantes na Mostra do Traxe Tradicional Amigos do Traxe (Santiago de Compostela) e Asociación María Castaña (Lugo). Paseo e exhibición desde o Concello ata o parque Rosalía de Castro.Ofrenda a Rosalía coa actuación da coral Solo Voces.

13:00 h. Demostración en vivo de oficios tradicionais na praza do Campo. Coa participación dun alfareiro, un cesteiro, un zoqueiro, un follateiro-selleiro,| un canteiro, un fabricante de cadeiras artesás, unha tecedeira e unha palilleira

17:00 h. Festival Internacional de Monicreques (GALICREQUES 2004) na praza do Campo Castelo con Chucho Teatro de Viña (Chile): “Es Panto Mimas”

17:00 h. Pasarrúas de grupos de música tradicional galega

17:00 h. Demostración en vivo de oficios tradicionais na praza do Campo, coa participación dun alfareiro, un cesteiro, un zoqueiro, un follateiro-selleiro un canteiro, un fabricante de cadeiras artesás, unha tecedeira e
unha palilleira

17.30 h. Xogos populares para nenos ( petanca, raiola, carreiras de relevos, mancha con grupos) e para maiores (petanca) no fondo da praza Maior

19:00 h. Festival Internacional de Monicreques (GALICREQUES 2004) na praza do Campo Castelo con Fundus Das Museum (Alemaña): “Circus Gockelini”

19:30 h. Animación de rúa con zancudos e malabares con pelotas, mazas, cariocas e fachos de lume “Punto Ocio” na praza Maior

20:00 h. "Os Pelúdez entre nós” no recinto histórico

20.30 h. Concerto de BEBE na praza de Santa María

22:00 h. Concerto de HOLYWATER e LATEM no patio do edificio administrativo do Concello (Seminario)l

22.30 h. Sesión de fogos artificiais desde a explanada do Seminario a cargo de Pirotecnia Astariz para observar desde o adarve da Muralla, Campo Castelo e inicio do recinto feiral

22:45 h. Verbena a cargo das orquestras Los Players e Passarela na praza Maior