Archivo (6 del 2018)

Buscador

Noticias

Polo seu traballo a prol do país foron galardoados nesta edición o crego e musicólogo Xesús Mato Mato, a paisaxista Isabel Aguirre de Urcola, a Catedrática de Biofarmacia María José Alonso Fernández, o empresario textil Jesús Domínguez Fernández, e os carteiros rurais de Galicia.
Xa na 10ª edición, esta iniciativa pretende dinamizar a actividade cultural nos concellos da provincia, a través de 109 actuacións desde este sábado ata o 30 de novembro. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto destacou que “con esta iniciativa promocionamos o teatro afeccionado da provincia, e dinamizamos cultural, social e economicamente os concellos lucenses, especialmente os do rural”
A Xunta porá en marcha un Plan 5 G, complementario ás medidas europeas e estatais, para que Galicia sexa territorio preferente na fase de pilotaxe de solucións tecnolóxicas baseadas na tecnoloxía 5G, segundo a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira.
O Círculo de Empresarios de Galicia, celebrou en Vigo unha xornada sectorial sobre “Directrices enerxéticas de Galicia: cara unha economía verde”, na que participou Francisco Conde, Conselleiro de Economía, emprego e industria da Xunta de Galicia.
Núñez Feijóo ven de intervir na Comisión Sedec sore o cambio demográfico en Europa, demandando que todas as administración se impliquen nunha política democráfica coordinada, ambiciosa e a largo prazo. E xaque as políticas públicas son só ferramentas para reverter a tendencia demográfica, recalca a necesidade de que a sociedade europea en conxunto impulse tamén un cambio cultural neste eido.
O proxecto está elaborado polo Instituto de Estudos do Patrimonio, e inclúe 56 etapas da Senda dos Faros, 109 itinerarios con valores naturais, 76 camiños con valores patrimoniais e 25 rutas con valor panorámico
No Día internacional contra o uso indebibo e o tráfico ilícito de drogas, chámase a sumar esforzos na loita contra o narcotráfico
Invitada pola FAO, Galicia ven de participar no X ENCONTRO INTERNACIONAL DA REDE DA TERRA, celebrada na cidade de Skopje, para compartir coñecementos e presentar os proxectos de mobilidade de terras que se están levando a cabo na nosa comunidade. O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, participou esta semana en Macedonia neste encontro organizado pola FAO (Food and Agriculture Organization of the United Nations) e a UNECE (United Nations Economic Commission for Europe).
Galicia asumirá durante o segundo semestre deste ano a representación das comunidades españolas no Consello de Ministros de Medio Ambiente da Unión Europea. A través da Consellería de Medio Ambiente, a Xunta tomará o relevo do Goberno vasco, que desde xaneiro asumiu o papel de representante e coordinador autonómico nas sesións do Consello e nos grupos de traballo de medio ambiente da UE. O traspaso farase efectivo de forma oficial o 28 de xuño, en Bilbao, nun acto no que a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, recibirá a testemuña da man da viceconselleira vasca de Medio Ambiente.
Personal investigador del grupo de Estudios para la Prehistoria del NW Ibérico-Arqueología, Antigüedad y Territorio de la USC (GEPN-AAT) acaba de publicar el primer análisis detallado sobre el inventario del arte rupestre de Galicia. El estudio aborda cuestiones como el número de rocas que conforman el fenómeno rupestre gallego, su composición temática o su distribución geográfica. Carlos Rodriguez Rellán, Alia Vázquez Martínez y Ramón Fábregas Valcarce evaluaron el Preinventario del Servicio de Arqueología de la Dirección General del Patrimonio Cultural de la Xunta de Galicia.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES