Archivo (3 del 2018)

Buscador

Noticias

O Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogrup) do Departamento de Enxeñaría Química da USC finaliza un estudo para Conservas Perez Lafuente co que constatan que os produtos galegos teñen a sustentabilidade ambiental como un dos seus eixos principais. Os investigadores analizaron de forma particular a conserva de atún ao natural da empresa arousá mencionada.
Máis de 500.000 galegos beneficiaranse do aumento das pensións proposto nos presupostos xerais do Estado. A Xunta aposta por consolidar o emprego estable e de calidade para que o poder adquisitivo dos xubilados galegos siga mellorando. O PSdeG di que este anuncio é un "parche" e critica o "cinismo" do presidente Rajoy.
As editoriais e produtoras participantes reuniranse na Cidade da Cultura en setembro na procura de novos proxectos en común. No caso das editoriais, poderán presentar un máximo de cinco títulos que participen por primeira vez nesta iniciativa e se correspondan con obras orixinais galegas ou traducións.
O dispositivo posto en marcha este ano, e presentado en Pedrafita do Cebreiro, estará composto por motoristas da agrupación da Garda Civil de Tráfico e do Seprona, así como por cabalos do Escuadrón de Cabalería e axentes de Seguridade Cidadá. A Policía Autonómica despregará patrullas nos diferentes itinerarios do Camiño de Santiago.
Concello de Santiago vén de adherirse ao proxecto denominado "As pegadas de Rosalía", unha Ruta Rosaliana da que tamén forman parte os concellos de Padrón, Ames e Brión. Trátase dun itinerario circular que parte da praza de Vigo e chega ao Panteón de Galegos Ilustres, despois de percorrer lugares vinculados á vida de Rosalía de Castro.
O Consello da Cultura Galega conmemora cunha exposición o 70º aniversario da lectura do discurso Alba de Gloria de Castelao. Está prevista nos inicios do outono e ten como obxectivo dar a coñecer o contido e orixes do discurso, o ambiente cultural e social da época na colonia galega e as relevantes figuras da cultura de Galicia.
A premiada ‘Matria’, de Álvaro Gago, e os últimos traballos de Beatriz del Monte, Iria Silvosa e Diana Gonçalves conforman a primeira das catro citas programadas ata finais de abril no Auditorio Municipal baixo o epígrafe ‘Sesións de Filmoteca’. Vigo é, por terceiro ano consecutivo, unha das sedes da programación do CGAI.
Las tres formaciones firman un acuerdo de coalición que pretenden unir el centro político gallego bajo la marca Centristas. “Mantenemos contacto con mucha gente y no descartamos que se unan al proyecto otras formaciones, plataformas y figuras políticas gallegas”. La coalición también se presenta en otras comunidades.
O presidente da Xunta asistiu ao acto de celebración do 50º aniversario de Cope Galicia. Feijóo destaca o papel dos medios para ofrecer referencias, exemplos e modelos e aprender do que facemos e do que somos. Destaca traxectoria de Cope Galicia, avalada e certificada pola confianza da audiencia.
Os alumnos Marta Casas e Pablo González participaron neste evento internacional que explora as tendencias, posibilidades e oportunidades na industria hoteleira. Na 9ª edición deste certame que se celebrou na École Hôtelière de Lausanne, en Suiza, baixo o tema Miradas no futuro: seguindo o impulso do crecemento, formaron grupos con estudantes doutros países.
« Anterior | 1  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (114)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES