Archivo (8 del 2017)

Buscador

Noticias

'Vive o Camiño' é unha iniciativa de promoción e dinamización do Camiño Inglés que durante as próximas semanas encherá de música e teatro as rúas e prazas dos 18 concellos que forman parte deste itinerario xacobeo. Este programa cultural servirá nos dous próximos meses como vehículo de transmisión dos valores xacobeos.
A nova edición da campaña Dálle luz á túa factura, unha iniciativa que busca achegar aos consumidores galegos consellos útiles para reducir o gasto en electricidade, bota a andar por cuarto ano consecutivo. O obxectivo desta campaña divulgativa é dar a coñecer as principais recomendacións para aforrar no consumo de luz e facilitar a comprensión da factura eléctrica.
A feira Foz Market abría as súas portas no porto focense con food trucks, salón do automóbil, ocio infantil e actuacións musicais aos mediodías e polas noites. A entrada a Foz Market é gratuíta. Na súa apertura foi visitada polo alcalde de Foz, o presidente de ACIA/CCA de Foz e outros membros da corporación.
As prazas enchéronse de xente rindo a esgalla na última semana en Vilagarcía. Na función menos concorrida da Mostra Internacional, no escenario da Praza de Galicia ás 21.30 cada noite, habería unhas 700 persoas. O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, chegou á súa fin nesta edición, a terceira en Vilagarcía de Arousa, por todo o alto.
O XI Festival Arteficial volta un ano máis co seu formato de festival/romaría diurna de música alternativa ao longo do sábado 2 de setembro, entrada gratuita. Xa consolidado como un dos referentes da alternativa do norte da península, nun marco incomprabale como é o corazón da vila medieval de Ribadavia.
O número de vivendas de uso turístico cuxos propietarios presentaron xa a súa solicitude para operar en Galicia avanza a bo ritmo. Desde que o novo decreto que regula este tipo de aloxamentos entrara en vigor, no mes de maio, a cifra non deixou de medrar e a día de hoxe se contabilizan máis de 4.200 peticións.
O colectivo artístico internacional Pallasos en Rebeldía percorreu no 2016 Idomeni, Calais e Melilla, e, este ano, xuntouse coa banda tinerfeña de rumba mestiza Caracoles nunha caravana chamada Flores Contra El Olvido que entre o 4 e o 7 de maio realizou actuacións en vivo en colexios, hoteis e prazas.
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou a exposición do artista lucense Xoan Vila, que leva por titulo “A Foliada”, e que está composta por oito conxuntos escultóricos de madeira, “que teñen como fío condutor a celebración da amizade”, segundo confesa o propio autor. A colección estará exposta ata o 17 de setembro.
A segunda edición da "Ruta de Mosteiros e Castelos" conta, ata o momento, con 45 coches antigos inscritos, vehículos do ano 1900 ao 1969, que se darán cita o día 19 de agosto no municipio de Xunqueira de Ambía nun evento turístico e gastronómico que pon en valor o patrimonio histórico da zona. A presentación tivo lugar hoxe no Pazo Provincial.
Tres estilos ben diferentes pero igual de divertidos musicarán os solpores desta semana do Atardecer no Gaiás, que arranca o día 10, coa novidosa proposta do primeiro grupo de trap en galego, Boyanka Kostova, ao que lle seguirá o venres o coñecido pop bizarro de Hidrogenesse. E para rematar, o festeiro garage punk de Terbutalina.
« Anterior | 2  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES