Archivo (9 del 2016)

Buscador

Noticias

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibe aos deportistas galegos que veñen de finalizar a súa participación nos Xogos Paralímpicos de Río 2016. O presidente galego trasládalles a felicitación e o recoñecemento de Galicia polos éxitos acadados nestes xogos olímpicos.
Nos primeiros oito meses deste ano Galicia rexistrou tun incremento do 7,1% no relativo ao volume de viaxeiros aloxados e do 9,2% no que atinxe ás pernoitas en relación ao mesmo período do 2015. O turismo internacional acadou cifras históricas neste período con preto de 950.000 viaxeiros aloxados.
Culleredo, Fene, Oroso, Rianxo, San Cibrao das Viñas e Teo acollen as últimas seis funcións desta cuarta edición, que desenvolveu desde o pasado mes de abril, promovida por Agadic e Turismo de Galicia, unha intensa carteleira de teatro, música, danza, maxia e novo circo.
Spin 2016 destaca o traballo conxunto entre emprendedores, universitarios, investigadores e inversores como a mellor ferramenta para seguir escribindo o futuro de Galicia, según dixo Feijóo na inauguración. Apelou á colaboración asegurando que “no mundo de hoxe non podemos camiñar sós” e aposta pola forza que dan as redes.
O Consello da Cultura Galega (CCG) acolle, entre os días 28 de setembro e 1 de outubro, a vixésimo sexta -26ª- Conferencia Anual da Asociación de Institucións Europeas de Migración (AEMI) que leva como título "European migrant diasporas and cultural identities". Durante este evento en Santiago de Compostela préstase especial atención á crise dos refuxiados.
O profesor de lingua galega e literatura fíxose co X Premio de Narrativa Breve Repsol. “Nordeste” recrea dous mundos en interconexión como son o do épico sertão brasileiro e unha república galega imaxinaria, amais de pór de relevo o sobresaliente acabado estilístico das páxinas que conforman a peza, inzadas de imaxes e de fascinantes símbolos.
Trátase do maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica. Un cento de emprendedores de América Latina, España e Portugal recibirán en Spin2016 apoio, mentoría e financiamento. As 15 empresas seleccionadas para o foro SmartMoney4Stars benefícianse dun programa de aceleración intensiva.
Galicia-Norte de Portugal: Un universo literario común. Os escritores Antón Riveiro Coello e Olinda Beja debateron sobre a creación literaria a ambas as beiras do Miño, para ofrecer as súas perspectivas das letras galegas e portuguesas, de acordo coa finalidade do ciclo de ofrecer un achegamento á literatura da man dos seus protagonistas actuais.
Este ciclo de mesas redondas, que se centra na temática Teoría de contrarios, é froito da colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (UDV).
16 centros participan na campaña escolar arredor da nova produción propia do Centro Dramático Galego, con cinco representacións en Santiago. Os alumnos e profesores poderán abordar na aula o clásico de Molière e esta versión galega seguindo a guía didáctica que Miguel Vázquez Freire elaborou.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (122)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES