Archivo (4 del 2016)

Buscador

Noticias

O TEDxGalicia amplía o seu formato, cunha sesión de mañá e outra de tarde, nas que os participantes poderán escoitar destacados relatorios en vivo combinados co visionado das TedTalks ou charlas inspiradoras. O evento está adicado á difusión de ideas innovadoras e inspiradoras.
O Marisquiño defínese como unha marca con personalidade propia que lles achega aos seus seguidores unha ampla oferta cultural, coa música como complemento á programación deportiva. O festival, con 21 actuacións, repite como sede da World Cup Skateborading con 14 modalidades de deportes urbanos como o Flatland.
Uxía e Magín Blanco regresan aos escenarios co seu espectáculo inspirado na obra de Manuel María. Pablo Díaz e o seu grupo sumarán ata tres actuacións cun repertorio musical que promove a lingua galega a partir do universo miúdo. Larraitz Urruzola presenta a Rosalía.
Os cineastas Ángel Santos, Jaione Camborda e Marcos Flórez traballan cos estudantes nas filmacións coas que culminan os seus talleres para esta iniciativa pedagóxica internacional, que en Galicia se integra no Plan Proxecta. O CGAI proxectará na súa sede da Coruña os catro filmes resultantes nunha sesión especial pública prevista para o 16 de xuño.
A xornada técnica Os viños doces. Innovación en procesos e tecnoloxías afonda nas tendencias en procesos e tecnoloxías de elaboración deste produto. Enmárcase na 53º Feira do Viño do Ribeiro que acolle a localidade ourensá de Ribadavia entre o 29 de abril e o 1 de maio.
Eu controlo é o título da peza gañadora do III Premio Pegada de Teatro Radiofónico promovido pola ESAD e Agadic. A directora do CDG, Fefa Noia, fíxolle entrega do galardón no transcurso da xornada de actividades coa que a Escola Superior de Arte Dramática celebra os días mundiais do teatro e da danza en Galicia.
Lobos sucios abre este programa especial no Cine Gaumont como parte da programación da Xunta para a 42ª Feira do Libro de Bos Aires. Proxéctanse tamén As altas presións, A esmorga, Maimiño, Inevitable, Holy Night, Os fenómenos, Arraianos, A praia dos afogados, No Cow on the Ice, O ouro do tempo, A árbore magnética e A cicatriz branca.
Esta norma legal, que substitúe á Lei 8/95, foi elaborada por técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural consolida o réxime de protección e axiliza a xestión administrativa. O texto define novas tipoloxías patrimoniais, maior implicación e coordinación cos concellos, a través da habilitación legal, e ofrece a máxima protección do patrimonio sobranceiro de Galicia.
Resalta que o bo dato de exportacións do sector en febreiro, cando sumou 17 millóns en vendas ao exterior, vén a consolidar unha traxectoria que ten levado aos estaleiros galegos a acumular 2.000 millóns de euros en contratos. Aposta pola innovación e comercialización.
Os tres escritores manterán encontros cos lectores no marco da programación galega na Feira Internacional do Libro de Bos Aires. A Xunta e a Dirección do Libro da Cidade de Buenos Aires abordaron as liñas estratéxicas dos dous gobernos a prol da mellora dos servizos bibliotecarios, da promoción da lectura e do sector editorial.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES