Buscador
Noticias
A obra da artista galega Maruja Mallo exhíbese nunha mostra retrospectiva na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, onde foi inaugurada pola ministra de Cultura Ángeles González-Sinde. Amósanse un total de 142 pezas da considerada gran transgresora da xeración do 27.
Presentouse na Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada a XXXI Feira de Antigüidades e Cousas Curiosas e a IV Feira de Oportunidades que se celebran entre o 5 e o 7 de marzo.
A cadea de hoteis de luxo é a primeira en acudir ao Centro Superior de Hostelería de Galicia buscando alumnos para dirección hoteleira. Agárdase a visita de Barceló, NH, Sol Meliá, Fiesta, Marriott, Sheraton, Vincci, AC, Hesperia, Accor, Riu, Paradores, Iberostar o Hyatt.
O lucense Pablo Núñez González acada o XXXIV Premio de Xornalismo do Belén de Begonte polo traballo titulado: Begonte, Belén infinito, publicado en www.galiciadigital.com.
O proxecto, financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, terá unha duración de dous anos.
Un autobús, equipado para labores de dinamización cultural, percorrerá a xeografía galega desde Santiago ata Ribadeo, no que significará o primeiro acto da programación “variada, equilibrada e plural” do Ano do Libro e da Lectura.
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia convértese no primeiro centro público galego en asociarse co Linux Professional Institute (LPI) que oferta unha variada gama de certificacións, que teñen un recoñecido prestixio e validez a nivel mundial.
O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, e o técnico de proceso de datos da Deputación, Marcos Valiño, presentaron no Centro Cultural da Deputación a rede de servizos de novas tecnoloxías para o rural “tamTaMVai”.
Nuria Díaz Bervide resultou gañadora da sétima edición do premio “Pura e Dora Vázquez” na modalidade de ilustración, por acordo unánime do xurado, reunido hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
Ourense acolle os días 22 e 23 de xaneiro a feira profesional Funergal que nesta edición incrementou nun 30% a superficie ocupada polos expositores que, á súa vez, tamén se incrementaron nun 15% no punto de encontro do sector funerario.