Buscador
Noticias
Músicas de todo o mundo daranse cita na Semana Santa de Compostela a través do V Festival de Músicas Contemplativas co que colabora o Xacobeo con motivo do Ano Santo e como aposta pola interculturalidade.
Diante do monumento a Castelao, o conselleiro de Cultura da Xunta reivindicou a universalidade da cultura galega a través de proxectos como a catalogación da obra do escritor e galeguista recoñecido.
O obxectivo é instaurar na comarca unha proba automobilística que se consagrou no mundo do motor galego nestes dous anos grazas ao seu poder de convocatoria e ao éxito de participación.
O director xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia asegura que o Pazo de Meirás abrirase ao público salvagardando todas as cuestións de seguridade e manifestou a necesidade dunha inminente apertura do pazo de Meirás “polo que significa o pazo e a familia Franco”.
A biblioteca, a pranta baixa e a primeira pranta serán expostas aos visitantes do pazo.
O sábado, trinta de xaneiro, ás 17,00 H., no Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, clausúrase a XXXVIII tempada do Nadal begontino, coa entrega dos premios dos Certames convocados e o peche do belén electrónico. Inclúese un recital de panxoliñas pola Polifónica de Viveiro.
O evento, patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense, leva por lema este ano Escritura e Compromiso e celébrase os días 1, 2 e 3 de febreiro no Liceo.
O legado musical do gaiteiro ourensán José Posada, que viviu a maior parte da súa vida en Cuba, e do grupo que fundou en La Habana O Quinteto Monterrei, será conservado no Museo da Cornamusa da Deputación de Ourense.
Os presidentes das Deputacións Provinciais de Lugo e de Ourense, Antón Bao e José Luis Baltar, reuníronse para estudar a posible creación do museo sobre o poeta Manuel María na súa casa natal.
Cualifica este plan de “ambicioso” e asegura que suporá un paso máis para mellorar o funcionamento interno da Administración e a atención exterior. Lembra que, nos últimos nove meses, o Goberno puxo en marcha un Plan TIC de medidas urxentes e outro de banda larga cun investimento de 102 millóns de euros.
La Santa Sede ha hecho público el nombramiento de monseñor Luis Quinteiro Fiúza, en la actualidad obispo de Ourense, como nuevo obispo de la diócesis Tui-Vigo.